Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Iago
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Iago:
Etimoloxía e historia
Procede do nome hebreo Iacob, nome do fillo do Cebedeo, a partir da segmentación de Santiago > Sant - Iago. Da anteposición da palabra santo naceu o composto Santiago (algunhas veces escrito Sant-Iago) que é a forma común galega e que xa non parece palabra composta. Os portugueses segmentaron estas palabras erroneamente en San Tiago (como fixemos nós con san Telmo) dando orixe á forma portuguesa Tiago.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Yago | |
Portugués | Tiago |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]