A Primavera das Letras de María Victoria Moreno arrinca no CEP Marcos da Portela

22/02/18 |
A institución celebrou o seu primeiro acto do ano dedicado á escritora na cidade na que se estableceu ao chegar a Galicia. A RAG recoñece a importancia do labor docente para “termar da lingua”. O proxecto web fornece de recursos didácticos e lúdicos arredor do universo vital e literario da autora

A RAG alerta no Día da lingua materna da creba da transmisión lingüística interxeracional

21/02/18 |
O Seminario de Sociolingüística analiza nunha publicación dixital a evolución do galego desde 1992. A Academia reclama un compromiso sincero, unha acción eficaz e iniciativas máis ambiciosas por parte do goberno e do conxunto das institucións galegas e dos axentes sociais para atallar esta tendencia

A RAG e a UVIGO afondan nunha xornada no Pergamiño Vindel

20/02/18 |
A sesión, o vindeiro 1 de marzo, contará coas achegas arredor do pergamiño de Camiño Noia, Henrique Monteagudo e Xesús Alonso Montero e a interpretación musical de Roi Casal. O documento pode verse ata o 4 de marzo no Museo do Mar

Bergondo lembra a Filomena Dato, voz do feminismo galeguista do XIX

14/02/18 |
A RAG participa no acto que terá lugar o 26 de febreiro no cemiterio de Coruxo, onde foi enterrada, co gallo do seu 92 cabodano. A escritora foi membro correspondente da institución desde a súa fundación

Publicadas as achegas da xornada de onomástica dedicada aos nomes e apelidos

7/02/18 |
A Sección de Lingua recolle nun volume os sete traballos presentados no programa sobre os aspectos legais, sociais e lingüísticos dos nomes e apelidos celebrada o pasado setembro en Pontevedra. A publicación reproduce tamén a mesa redonda e o debate sobre os nomes propios na ficción

Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre retratan a María Victoria Moreno nunha biografía para o público máis novo

5/02/18 |
As académicas publican na colección Merlín de Xerais 'María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito', un "acto de cariño" dedicado á protagonista do Día das Letras Galegas 2018

As memorias inéditas dos primeiros anos de Neira Vilas verán a luz en abril

2/02/18 |
O libro, 'De Gres a Cádiz', foi atopado durante o labor de catalogación da obra do escritor e académico na súa fundación xunto a outro volume, de corte máis intimista, que tamén será publicado

Baixada de prezos nos dominios .gal e un concurso de micro-relatos para proxectar o galego en Internet

30/01/18 |
A RAG e a Asociación PuntoGal colaboran nunha campaña que se desenvolverá en febreiro, o mes do aniversario de Rosalía de Castro e o Día Internacional da Lingua Materna

O Día da Ilustración recorda a arte de Camilo Díaz Baliño

29/01/18 |
A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración pon en marcha unha web sobre esta celebración e resume nun vídeo as achegas de quen foi o escenógrafo máis célebre do seu tempo. A peza audiovisual amosa, entre outras obras do autor, cubertas de libros conservados da Academia

Reflexións sobre as Irmandades para ollar o futuro

24/01/18 |
A Academia xunta nun volume vinte e nove relatorios presentados no ciclo 'No tempo das Irmandades: fala, escrita e prelos', celebrado no ano do centenario da fundación dun movemento fundamental para entendermos a realidade social e cultural da Galicia contemporánea
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Luns 26 de febreiro de 2018 / 11:15 h
Homenaxe a Filomena Dato en Bergondo
Xoves 1 de marzo de 2018 / 12:00 h
Acto académico-literario arredor do Pergamiño Vindel / Universidade de Vigo

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 377

Boletín da Real Academia Galega
nº 377

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar