Organización
Imaxe do Pleno reunido na sala de consulta da Academia.
Pleno
Está constituído polos trinta membros de número e é o encargado de tomar as decisións últimas que afectan á Real Academia Galega.
Comisión executiva
Está constituída polo presidente, o secretario, o tesoureiro, o arquiveiro-bibliotecario e o vicesecretario. Actúa por delegación do Pleno e encárgase de exercer o goberno da institución e de establecer a orde do día das Xuntas. A actual Comisión Executiva foi elixida o día 28 de marzo de 2017.
Presidente
Convoca e preside as reunións, ademais de representar a institución en toda clase de entidades. O actual presidente da institución é Víctor Fernández Freixanes.
Secretaria
Encárgase de redactar a acta de cada sesión e da memoria anual da Academia, ocúpase da correspondencia e do seu rexistro, e substitúe o presidente na súa ausencia. A actual secretaria da institución é Margarita Ledo Andión.
Tesoureira
Responsabilízase do patrimonio e da contabilidade da institución. A actual tesoureira da institución é Fina Casalderrey.
Arquiveira-Bibliotecaria
Encárgase de velar pola conservación e ordenación de libros, manuscritos e documentos da institución, así como de coordinar a adquisición de fondos bibliográficos e documentais. A actual arquiveira-bibliotecaria da institución é Marilar Aleixandre.
Vicesecretario
Substitúe o secretario en ausencia deste e auxilíao en todas as funcións que este lle encomende. O actual vicesecretario da institución é Henrique Monteagudo.