Hemeroteca

Presentación

A Hemeroteca da Real Academia Galega garda máis de 3000 títulos de revistas e xornais publicados ao longo dun período de douscentos anos. De especial importancia é o noso Fondo Histórico de publicacións galegas que reúne cabeceiras tan relevantes como El Idólatra de Galicia, O Vello do Pico-Sagro, A Nosa Terra, ou a revista Nós. Tamén resulta de grande interese o conxunto de revistas americanas editadas polas colectividades galegas que viviron na emigración cubana e arxentina a finais do século XIX e comezos do XX.

A procedencia dos fondos da Hemeroteca é diversa. Algunhas publicacións foron adquiridas pola Real Academia Galega ao longo da súa dilatada historia. Outras proceden do legado deixado por distintos persoeiros relacionados coa nosa institución. Dentro desta categoría inclúense aquelas revistas e xornais que pertenceron a Manuel Murguía, a José Oxea, aos irmáns Antonio e Francisco Mª de la Iglesia, ou ao académico Isidro Parga Pondal. Por último, as publicacións periódicas máis recentes -a maior parte galegas- recíbense actualmente por medio de trocos, doazóns e subscricións.

Consciente do valor destes materiais, a Real Academia Galega está implicada na dixitalización do seu patrimonio hemerográfico coa finalidade de dalo a coñecer e de facilitar a súa consulta pública. Unha parte deste patrimonio pódese consultar directamente na nosa Hemeroteca Virtual. Outros títulos están accesibles en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia, onde existe un micrositio que reúne as publicacións dixitalizadas procedentes da nosa Hemeroteca.

Galería

Catálogo

Procura de fondos da Hemeroteca

Hemeroteca Virtual

Consulta as revistas dixitalizadas pola Real Academia Galega

Revistas en Galiciana

Accede a máis publicacións dixitalizadas pola Real Academia Galega e dispoñibles en Galiciana, a Biblioteca Dixital de Galicia

A Real Academia Galega ofrece, en versión dixital, unha parte dos seus fondos bibliográficos e hemerográficos grazas ás Subvencións para a dixitalización do Patrimonio Cultural Galego e a súa preservación e difusión no recolector de Galiciana – Patrimonio Cultural de Galicia, xestionadas pola Xunta de Galicia a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), en coordinación coa Dirección Xeral de Políticas Culturais e cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia.
Responsive Image
Responsive Image
Responsive Image
Responsive Image

Servizos

Información e referencia

Aténdense as consultas na propia Hemeroteca e tamén por teléfono, fax, correo postal e correo electrónico. Están a disposición dos usuarios o catálogo e mais unha colección de referencia de libre acceso na sala de lectura.

Consulta na sala

Agás a colección de libre acceso, é necesario cumprimentar unha papeleta de pedimento e acatar as normas existentes para un correcto uso dos fondos.

Ver normas de uso (PDF)

Reprografía

As reproducións de fondos están limitadas polas características e estado de conservación dos mesmos así como pola lexislación sobre propiedade intelectual vixente.

Formulario de reprodución (PDF)

Horario de atención ao público

  • De luns a venres
    • de 9:00 a 14:45

Horario de verán

Meses de xullo e agosto

  • de luns a venres
    • de 9:00 a 14:15

Por causa das obras de rehabilitación da súa sede, os servizos da RAG prestaranse exclusivamente, salvo solicitudes especiais, de xeito non presencial, por vía telemática ou telefónica.

As persoas usuarias dos servizos de arquivo, biblioteca e hemeroteca deberán pedir cita previa a través dos seguintes medios:

Teléfono
981 20 73 08

Correos electrónicos

  • arquivo@academia.gal
  • biblioteca@academia.gal
  • hemeroteca@academia.gal

Días de peche 2024:

  • 1 de xaneiro
  • 6 de xaneiro
  • 13 de febreiro
  • 28 e 29 de marzo
  • 1 de maio
  • 17 de maio
  • 24 de xuño
  • 25 de xullo
  • 15 de agosto
  • 12 de outubro
  • 1 de novembro
  • 6 de decembro
  • 25 de decembro