Acordos e convenios
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia (a través da Secretaría Xeral da Lingua) e a Real Academia Galega polo que se instrumentan as subvencións nominativas para accións culturais e de investigación lingüística e para investimentos, e se regula o seu réxime de libramentos con cargo aos orzamentos autonómicos.
Contrato de servizos para traballos relacionados coa normalización, elaboración de contidos divulgativos e difusión da toponimia galega, entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia (a través da Secretaría Xeral da Lingua) e a Real Academia Galega.
Acordo de colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Cultura, para a organización do Simposio dedicado ás Letras Galegas.
Subvención da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), en favor da Real Academia Galega, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia.
![Responsive Image](/documents/35271/134600/Marca_Galicia.png/a4bfdc06-74c0-5f7e-d495-2738f9d7fdc6?t=1656333121516&download=true)
![Responsive Image](/documents/35271/134600/Xacobeo+21-22.png/01bd43fd-eab1-2e67-e2a9-f1878793b8e1?t=1656332284250&download=true)
![Responsive Image](/documents/35271/134600/amtega.png/e5df2647-0efc-37d9-7d94-66b1a4be81e1?t=1612282694521&download=true)
![Responsive Image](/documents/35271/134600/FEDER.png/ed977eaa-1858-167c-7c64-622c90d3c3be?t=1656332469164&download=true)