Ano Castelao 

1/8

Presentación

Castelao ingresou na Real Academia Galega no ano 1934, mais a guerra forzouno ao exilio e xa nunca máis regresou onda nós. A Real Academia Galega conservou viva a súa memoria. Nunca declarou vacante a súa cadeira de académico ata despois de se producir o seu pasamento en 1950. O ano 1964 dedicámoslle o Día Das Letras Galegas. Foi a segunda personalidade á que se lle dedicou, despois de Rosalía de Castro.
Neste 75 aniversario unímonos aos actos e ás celebracións que lembran a súa figura poñendo a dispor do público documentos e obxectos que forman parte dos fondos da institución.

Tribuna

Ano Castelao

Víctor F. Freixanes

Neste mes de xaneiro cúmprense setenta e cinco anos do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, sen dúbida a gran figura política e cultural da Galicia contemporánea. Xunto con Rosalía de Castro, Castelao é o primeiro referente da galeguidade. Rosalía de Castro no século XIX. Castelao no século XX.

Peza destacada

Responsive Image

Mitin polo Estatuto de Autonomía de Galicia

Lourenzo Fernández Prieto

O mitin comezou no Teatro Linares Rivas cando, o speaker Sr. Mariñas anunciou a conexión a todas as radioemisoras de Galicia. Abriu o Alcalde de Santiago, Sr. Casal, moi aplaudido segundo a crónica de La Voz de Galicia do martes día 9, que referiu todas as intervencións, detallando a intensidade de aplausos recibidos polos oradores que seguiron a Casal e que foron: José Dopico Vázquez en representación do Partido Federal de Izquierda Gallego, Marcial Fernández Delegado del Partido Socialista, Manuel Fernández do Partido Sindicalista, Cesar Alvajar por Unión Republicana

Ler máis

Tribunas

Ano Castelao

Víctor F. Freixanes

Neste mes de xaneiro cúmprense setenta e cinco anos do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, sen dúbida a gran figura política e cultural da Galicia contemporánea. Xunto con Rosalía de Castro, Castelao é o primeiro referente da galeguidade. Rosalía de Castro no século XIX. Castelao no século XX.

Alba de esperanza

Víctor F. Freixanes

O 25 de xullo de 1948, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pronunciou en Buenos Aires un dos grandes discursos da cultura galega: Alba de Gloria, lembrado e reproducido centos de veces, mais que non perde actualidade. Poucos textos tan brillantes, tan vivos, tan conmovedores e tan intelixentes coma o do artista e político galeguista no exilio, malia os setenta e seis anos transcorridos dende entón.

75 anos dun reencontro, Castelao e Otero

Afonso Vázquez-Monxardín

Ramón Otero Pedrayo, con dez aniños, foi testemuña da desgraza dos soldados repatriados de Cuba en 1898 que agardaban caridade na praza do Ferro de Ourense; e con 88, en 1976, dos inicios do Museo do Pobo Galego. Unha longa vida, unha longa viaxe no tempo.

Responsive Image
Responsive Image
Responsive Image