-
A Lingua
Real Academia Galega
- A institución
- Letras galegas
-
Comunicación
-
Dicionarios
A estrela que nos guía
Retrato de Rosalía de Castro
Fonte: Real Academia Galega. Arquivo
Retrato de Xosé Fontenla Leal
Fonte: Real Academia Galega. Arquivo
Retrato de Manuel Curros Enríquez
Fonte: Real Academia Galega. Arquivo
Retrato de Manuel Murguía
Fonte: Real Academia Galega. Arquivo
Manuel Curros Enríquez acompañado dalgúns dos académicos fundadores
Fonte: Real Academia Galega. Arquivo
Ramón Otero Pedrayo na coroacion poética de Ramón Cabanillas (1958)
Fonte: Arquivo Camilo Agrasar Vidal
Castelao fotografado por J. M. Sáez Mon, Pontevedra ca. 1917
Fonte: Cortesía da editorial Galaxia
Presentación
Fundada en 1906, a Real Academia Galega é a institución civil de ámbito galego máis antiga e perdurable das creadas por iniciativa cidadá. Foi un froito, serodio pero poderoso e perdurable, do Rexurdimento. A Academia foi concibida como unha ferramenta de que a sociedade galega se dotaba para a afirmación da súa identidade colectiva, o estudo da súa historia e a súa cultura, e, especificamente, para a defensa, fomento e ilustración do seu idioma propio.
As tarefas prioritarias da RAG consisten, como expresa o seu lema Colligit, expurgat, innovat (“Recolle, escolle e innova”) no establecemento da norma da lingua galega baseada nos mellores usos da comunidade falante e a súa constante modernización, mediante a elaboración de instrumentos léxicos, gramaticais e doutro tipo.
As principais fontes de inspiración literaria e emocional do Rexurdimento foron a figura e a obra de Rosalía de Castro, así como o seu definidor intelectual foi o seu esposo Manuel Murguía, primeiro presidente da RAG. Desde os inicios, a circia defensa da identidade galega, do idioma, da cultura e do pobo de Galicia marcaron o rumbo da institución. Non é casual que a Academia instituíse o Día das Letras Galegas o 17 de maio. Esta é a data que figura na dedicatoria de Cantares gallegos. Esa xornada, homenaxeando unha figura das nosas letras, festexamos tamén a fundadora da nosa tradición literaria nacional.
En 2026 a Real Academia cumpre cento vinte anos. Nin nos momentos máis difíciles da súa longa historia, marcada pola marxinación e a desatención do Estado, deixou a nosa institución de atender o seu compromiso inicial. Máis dun século despois da súa fundación, a Academia proponse manter o seu servizo á sociedade galega e dar resposta aos novos retos formulados á nosa lingua e á nosa cultura. Isto é o que pretendemos mostrar ao longo do ano en curso coa serie que este entrega enceta, ofrecendo no noso sitio web unha presentación sintética da traxectoria, actualidade e retos da nosa institución, ilustrada con documentos e fotografías e arrequentada con ligazóns a diversas fontes de información. Conmemoramos así cento vinte anos de historia da Real Academia Galega.
Comezamos a singradura. Rosalía é a estrela que nos guía.
Henrique Monteagudo
Presidente
Retecer a historia
(1906-1936)
Fundación. Herdo e promesa do rexurdimento
(1906-1924)
No Ronsel das Irmandades
(1924-1936)
Supervivencia, resistencia, rescate
(1936-1977)
Os anos escuros
(1936-1960)
Mudan as vontades
(1960-1977)
Revitalización
(1977-2001)
Mudan os tempos
(1977-1997)
Na viraxe do século
(1997-2001)
No novo século
(2001-2025)
Ilustración e defensa do idioma
(2001-2013)
Inclusión e proxección
(2013-2025)
Azos de fóra. O alento da diáspora
Proximamente
A Academia hoxe
Patrimonio e organización
Estrutura, actividades e proxectos
Bibliografía
- Alonso Montero, Xesús (1987). Un obreiro, Curros e a Academia. En: Curros Enríquez. Crebar as liras. A Nosa Terra. A nosa cultura, 9. Vigo: Promocións Culturais Galegas, 19-20.
- Alonso Montero, Xesús (1988). Prehistoria da Academia Galega. Á procura da norma culta de 1875 a 1905. Grial. 99, 8-18.
- Alonso Montero, Xesús (1991). O día en que se inaugurou a Academia Galega: o problema da(s) lingua(s). En: Mercedes Brea e Francisco Fernández Rei, coords. Homenaxe ó profesor Constantino García. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, t. II, 7-18.
- Alonso Montero, Xesús (2001). A coroación de Curros Enríquez (A Coruña, 21 de outubro de 1904). A Coruña: Real Academia Galega.
- Álvarez Ruiz de Ojeda, Victoria (2001). Eladio Rodríguez González e a Real Academia Galega. Crónica e epistolario. Boletín da Real Academia Galega .362, 9-67.
- Axeitos, Xosé Luís (2006). A Real Academia Galega no discurso construtivo do Rexurdimento. Grial. 171, 16-25.
- Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2012). Murguía. Vigo: Galaxia.
- Barreiro Fernández, Xosé Ramón e Villares, Ramón (2007). Os símbolos de Galicia. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega e Real Academia Galega.
- Dobarro Paz, Xosé M.ª (2001). Álbum Literario da Asociación Iniciadora y Protectora da Real Academia Galega da Habana: 1907. A Coruña. Universidade da Coruña, Real Academia Galega.
- Dobarro Paz, Xosé Mª (2001). Manuel Curros Enríquez, José Fontenla Leal e a Real Academia Galega: observacións e datos sobre as súas orixes e vicisitudes. Boletín da Real Academia Galega. 362, 203-266.
- González Paz, Carlos Andrés (2016). Escritoras na Galicia do século XIX. Cuadernos de Estudios Gallegos. Monografías. 13. Santiago de Compostela: Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.
- Ínsua, Emilio Xosé (2006). Antón Villar Ponte e a Academia Galega: contributos para a historia crítica dunha institución centenaria. Vilaboa: Edicións do Cumio.
- Ínsua, Emilio Xosé (2023). Conflitos, logros e limitacións nos primeiros anos da Academia Galega (1905-1923). En: Marilar Aleixandre e Ramón Villares, coord. Centenario de Manuel Murguía. 1923-2023. Anexos BRAG. A Coruña: Real Academia Galega, 65-139.
- López Gómez, Pedro (2023). Andrés Martínez Salazar. Aproximación biobibliográfica. Anexos BRAG. A Coruña: Real Academia Galega.
- López Varela, Elisardo (1998). Manuel Murguía, Curros e a Academia Galega. En: Volver a Murguía. A Nosa Terra, A Nosa Cultura, 19. Vigo: Promocións Culturais Galegas, 61-69.
- López Varela, Elisardo (2001). Unha casa para a lingua. A Real Academia Galega baixo a presidencia de Manuel Murguía (1905-1923). A Coruña: Espiral Maior.
- Méndez Romeu, José L. (1998). A Real Academia Galega, institución frustrada do rexionalismo. A Coruña: [s.e.]
- Monteagudo, Henrique (2006). A Academia, o idioma e o nacionalismo 1906-1930. Grial. 171, 26-37.
- Neira Vilas, Xosé (1994). A Academia Galega naceu na emigración. En: Memoria da emigración. Serie Documentos, 114. Sada: Ediciós do Castro, t. I, 255-262.
- Real Academia Galega (1912). Estatutos, reglamento interior, reglamento de la Sociedad Gallega de Excursiones, lista de académicos. A Coruña: Real Academia Galega.
- Real Academia Galega (1913). Diccionario gallego-castellano. A Coruña: Real Academia Galega.
- Real Academia Galega (2006). Galicia, a forza da palabra: centenario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega.
- Real Academia Galega (2014). No sesquicentenario do nacemento de José Fontenla Leal. A Coruña: Real Academia Galega.
- Romero Masiá, Ana (2023). Folk-lore Gallego e a Academia Gallega que non puido ser. En: Marilar Aleixandre e Ramón Villares, coord. Centenario de Manuel Murguía. 1923-2023. Anexos BRAG. A Coruña: Real Academia Galega, 17-45.
- Saralegui y Medina, Leandro (1906). Discurso leído en La Coruña el día 30 de septiembre de 1906 en la solemne inauguración de la Real Academia Gallega. A Coruña: Real Academia Galega.
- Seoane Sánchez, Isabel (1999). O primeiro diccionario da Real Academia Galega. Cadernos de Lingua. 19, 65-84.
- Suárez Vázquez, Damián (2000). As autoridades no Diccionario Gallego-Castellano (1913-1928) da Real Academia Galega. Cadernos de lingua. 21, 67-102.


