-
A Lingua
Real Academia Galega
- A institución
- Letras galegas
-
Comunicación
-
Dicionarios
Ilustración e defensa do idioma
- Xosé Ramón Barreiro (2001-2009)
- Xosé L. Méndez Ferrín (2010-2013)
Na presidencia de Xosé Ramón Barreiro proseguiuse a liña de diálogo e asunción de responsabilidades marcada polo seu predecesor. O resultado deste compromiso concretouse en feitos como a reforma ortográfica acordada en 2003, coñecida como “normativa da concordia”. No prólogo destas normas reformadas recóllese:
As escollas normativas deben ser harmónicas coas das outras linguas, especialmente coas romances en xeral e coa portuguesa en particular, evitando que o galego adopte solucións insolidarias e unilaterais naqueles aspectos comúns a todas elas. Para o arrequecemento do léxico culto, nomeadamente no referido aos ámbitos científico e técnico, o portugués será considerado recurso fundamental, sempre que esta adopción non for contraria ás características estruturais do galego.(do prólogo ás NOMIG 2003)
Entre 2001 e 2012 produciuse unha renovación importante do Plenario, con ingreso de dez novos numerarios: Francisco Díaz-Fierros (2002), Rosario Álvarez Blázquez (2003), Víctor F. Freixanes e Xosé L. Axeitos (2004), Ramón Villares e Euloxio Ruibal (2006), Manuel Rivas e Margarita Ledo (2009), Henrique Monteagudo e Xosé L. Regueira (2012).
A partir de 2009 a Xunta de Galicia comeza a aplicar unha política lingüística regresiva que é recibida cunha ampla repulsa social e institucional. Así, a Real Academia interpón un recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o Decreto chamado do plurilingüismo, recurso que é parcialmente estimado. No obstante, nos anos sucesivos a Academia elevou este recurso ao Tribunal Supremo español (2015), ao Tribunal Constitucional e incluso ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (2016).
Liña do tempo
2001
- Presentación da proposta inicial de reforma das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (NOMIG)
2003
- Aprobación da reforma das NOMIG (“normativa de concordia”).
- Ingreso de Manuel María Fernández Teixeiro.
- Remata a revisión do Nomenclátor de Galicia, con máis de corenta mil topónimos.
2004
- Publicación en papel do Dicionario castelán-galego e da versión definitiva do Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega.
2005
- Ponse en liña o primeiro sitio web da RAG.
2006
- Exposición do centenario da RAG.
- Ingreso de Darío Xohán Cabana.
2010
- Declaración da RAG e recurso xudicial contra o Decreto do Plurilingüismo.
- Ingreso de Bernardino Graña.
- Publicación en papel do Dicionario da pronuncia da lingua galega.
2012
- Ponse en liña o Dicionario da Real Academia galega, con máis de 50.000 voces.




