Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Hortensio, Hortensia
Apelativo
Pronuncia
Hortensio:
Hortensia:
Etimoloxía e historia
Do latín Hortensius, e este derivado de hortus 'lugar circundado por unha sebe ou delimitado dalgunha maneira' e posteriormente 'xardín', 'horta'. O significado, polo tanto, debe de ser 'xardineiro, xardineira'.
Motivación
Hortensia foi nome dunha gens romana, que tivo o seu epónimo en Quintus Hortensius Hortalus (114 - 50 a. C.), célebre orador que tamén tivo unha filla chamada Hortensia, ben dotada para a declamación.
Do mesmo xeito que outros nomes tomados de flores (como Dalia, Narciso, Violeta ou Xacinto), entre nós a forma feminina debeuse popularizar polo nome da planta ornamental Hydrangea hortensia, denominada así en honor de Hortense Lapaute, astrónoma francesa do século XVIII.
Chamáronse así
A ferrolá Hortensia Landeira Pontijas (1912-1999), pintora e escritora, activista política contra a ditadura franquista; cando finou, Xohana Torres dedicoulle un fermoso poema.
Hortensia Blanch Pita (1914-2004), escritora de orixe galega coñecida como Silvia Mistral.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Hortènsia | |
Español | Hortensio | Hortensia |
Éuscaro | Hortentsio | |
Francés | Hortense | |
Italiano | Ortensio | Ortensia |
Portugués | Hortênsio | Hortênsia |
Romanés | Hortensia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]