Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Irea
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Irea:
Variantes
Etimoloxía e historia
Deriva do nome grego Eirḗnē ('paz', 'deusa da paz'), adaptado ao latín da idade imperial como Irene (tamén co significado de 'paz'). Este nome corresponde ao portugués Iria (acentuado no segundo i), que nada ten que ver, polo tanto, coa Iria galega. Entre os cristiáns reinterpretouse co senso de 'paz cristiá', 'paz fraternal dos homes na terra e dos xustos no ceo'.
Motivación
Houbo varias santas con este nome. Santa Irea de Tesalónica (séculos II-III) foi martirizada no ano 304. Santa Irea de Roma (século III) foi unha viúva romana que, segundo a tradición, lle curara as feridas a san Sebastián. Santa Irea de Santarém (século VII) foi freira nun mosteiro próximo a Tomar; segundo a lenda, o seu prometido, dando creto a calumnias, mandouna matar; o seu corpo tirárono despois a un río afluente do Texo e apareceu preto de Scallabis, vila que despois tomaría por ela o nome de Santarém (< santa Irene).
Chamáronse así
Dúas emperatrices do Imperio Romano de Oriente, unha do século VIII e a outra dos séculos XI-XII.
A coruñesa Irene González, fundadora do Irene F.C. (1909-1928), foi a primeira muller futbolista galega nun equipo de homes.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Irene | |
Catalán | Irene | |
Español | Irene | |
Éuscaro | Irea | |
Irene | ||
Francés | Irine | |
Irène | ||
Inglés | Eirene | |
Irene | ||
Italiano | Irene | |
Portugués | Iria | |
Irene | ||
Romanés | Irina | |
Ruso | Irina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Irea
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]