Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Inocente
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do nome tardolatino e cristián Innocens, -tis 'que non fai mal a ninguén', 'inocuo', pero tamén 'que non ten culpa', 'irreprensible', 'honesto', 'íntegro'.
Motivación
Os Santos Inocentes foron os meniños de Belén menores de dous anos que, segundo o Evanxeo de san Mateu, morreron asasinados masivamente por orde do rei Herodes despois da adoración dos Magos de Oriente, coa esperanza de que entre eles se atopase o Mesías, posible rival do monarca xudeu no trono.
En España o Día dos Santos Inocentes (28 de decembro) é o sinalado para gastar bromas.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Innocent | |
Español | Inocente | |
Éuscaro | Señe | |
Francés | Innocent | |
Italiano | Innocente | |
Portugués | Inocentes |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Inocente
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]