Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Indalecio
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Indalecio:
Etimoloxía e historia
De orixe incerta. Tense proposto unha raíz éuscara inda pero tal raíz non se encontra nunca na composición dos nomes vascos.
Motivación
Santo Indalecio (século I), segundo a lenda, foi enviado polos apóstolos de Cristo a predicar a Hispania, xunto con Torcuato, Eufrasio e outros.
Chamáronse así
Indalecio Armesto (1837-1889), avogado e xornalista pontevedrés. Indalecio Díaz Baliño (1896-1952), delineante e escultor. Indalecio Varela Lenzano (1856-1940), musicólogo coruñés e académico cofundador da Real Academia Galega.
O asturiano Indalecio Prieto (1883-1962), un dos máximos dirixentes do PSOE durante a II República e durante a guerra civil española, varias veces ministro.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Indaleci | |
Español | Indalecio |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Indalecio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]