Este nome non se encontra na guía.
feminino
Nome toponímico
Véxase Noela
Lugar, parroquia e concello situado onde remata a ría do mesmo nome (A Coruña); A Noia tamén é un lugar de Trazo (A Coruña). É un nome prerromano, que aparece citado polo historiador romano Plinio como Noega, forma que, segundo o investigador Edelmiro Bascuas, é o antecedente do moderno Noia. Na Idade Media documéntase como Nogia, Noya ou Noia, e probablemente é un derivado da raíz indoeuropea *neigw- ‘lavar’, emparentado con outros como Noal, Noalla ou Noenlle.
Na historia mítica de Galicia aparece o patriarca bíblico Noé como fundador da antiga Noega ou Noela, durante unha visita que fixo para ver os descendentes de Túbal, o mítico primeiro poboador da Península Ibérica. O escudo da vila noiesa leva como motivo principal a arca de Noé.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]