Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Norberto, Norberta
Nome cristián
Pronuncia
Norberto:
Etimoloxía e historia
Nome persoal de orixe xermánica e introdución recente, composto polas raíces nord ‘norte’ e bairthts ‘claro, brillante; célebre, famoso’.
Motivación
San Norberto de Xanten ou de Magdeburgo (1080-1134) naceu en Xanten (‘Santos’), preto de Colonia (Alemaña). Foi fundador da orde dos cóengos norbertinos ou premonstratenses en Prémonté (Francia), onde tamén levantou unha abadía. Posteriormente sería nomeado bispo de Magdeburgo.
Chamáronse así
Norberto Bobbio (1909-2004), xurista, filósofo e politicólogo italiano.
Norberto Recamán Lago (1914-1936) foi un dos sindicalistas da Fábrica de Carburos de Brens (Cee) fusilados en 1936 na Coruña por opoñerse ao golpe de Estado militar e defender a legalidade republicana.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Norbert | |
Catalán | Norbert | |
Español | Norberto | Norberta |
Éuscaro | Norberto | |
Francés | Norbert | |
Inglés | Norbert | |
Italiano | Norberto | |
Portugués | Norberto | Norberta |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]