Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Norma
feminino
Nome literario
Etimoloxía e historia
De orixe controvertida. Tense considerado a forma feminina de Norman, nome inglés común antes da conquista normanda, procedente do anglosaxón Northman ‘home do norte’, ‘noruegués’. Pero tamén hai quen pensa que, como nome feminino, pode proceder do latín norma ‘precepto’ .
Motivación
Nome literario ao que lle deu popularidade no século XIX Vincenzo Bellini coa ópera así titulada, estreada en La Scala de Milán en 1831, baseada na traxedia Norma, ou L’infanticide (1831), do francés Alexandre Soumet. Norma é unha sacerdotisa gala que, abandonada polo seu amante —o romano Pollione—, perde a razón e mata os seus fillos, para despois suicidarse.
Chamáronse así
Norma Jeane Mortensen (1926-1962) era o nome real da famosa actriz estadounidense Marilyn Monroe.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Norma | |
Español | Norma | |
Inglés | Norma | |
Italiano | Norma | |
Portugués | Norma |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]