Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Nuria
feminino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Nuria é un val dos Pireneos Orientais (Cataluña) que deu nome a unha advocación mariana. O topónimo é de orixe prerromana; Corominas vincúlao a Andorra, rexistrado como An(n)uria, Annorra e Anorra nas atestacións máis antigas. A orixe éuscara que se ten proposto é descartable.
Motivación
Esta advocación mariana (Mare de Déu de Núria) procede dun coñecido santuario preto de Ribes de Freser (Xirona), unha pequena ermida construída, segundo a tradición, por san Xil, un ermitán occitano (século VIII). Na Idade Media serviu como hospital de peregrinos.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Núria | |
Español | Nuria | |
Francés | Nuria | |
Portugués | Núria |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]