Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Octavio, Octavia
Personaxe histórico
Pronuncia
                            Octavio:
                            
                                
                                    
                                
                            
                        
                    
                    Etimoloxía e historia
Do latín Octavius, derivado de octavus 'oitavo', que, orixinariamente, se lle impoñía ao oitavo fillo. Pertence, pois, á serie de nomes tirados de numerais ordinais como Primus, Secundus, Quintus, Sextus etc. Despois converteuse en nome persoal independentemente da orde de nacemento.
Motivación
Este antropónimo adquiriu popularidade por ser o nome do primeiro emperador de Roma, coñecido por Octavio Augusto. A súa forma feminina levárona varias damas da nobreza romana da época imperial, entre elas unha irmá de Augusto, aínda que a máis célebre foi a filla de Claudio e Mesalina, muller do emperador Nerón (42-62), repudiada e desterrada por este.
Santo Octavio (século III) foi un membro da Lexión Tebana que sufriu martirio en Turín, segundo a tradición.
Chamáronse así
O escritor mexicano Octavio Paz (1914-1998), Premio Nobel de Literatura en 1990.
Octavio Lois Amado (1857-1888), científico galego.
Octavia E. Butler (1947-2006), escritora afroamericana consagrada polos seus libros de ficción científica feminista e por inserir a cuestión do prexuízo e do racismo nas súas historias.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino | 
|---|---|---|
| Alemán | Oktavia | |
| Octavius | Octavia | |
| Catalán | Octavi | Octàvio | 
| Español | Octavio | Octavia | 
| Éuscaro | Oktavio | Oktavia | 
| Francés | Octave | Octavie | 
| Inglés | Octavius | Octavia | 
| Italiano | Ottavio | Ottavia | 
| Portugués | Octávio | Octávia | 
| Romanés | Tavi (hip.) | |
| Octav | 
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
        Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
	Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




