Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Odón
masculino
Personaxe histórico
Variantes
Masculinas Otón
Etimoloxía e historia
Nome de orixe xermánica e introdución recente, derivado de Oto ou Otho, a través do acusativo Othonem na forma latinizada. Procede da raíz *aud- 'posesión, riqueza'.
Motivación
Odón foi nome de varios reis e emperadores do Sacro Imperio Xermánico: Odón I o Grande (936-973), Odón II (973-983) e Odón III (980-1002).
Santo Odón de Cluny (879-942) foi o primeiro grande abade desta abadía francesa. Houbo outro santo alemán con este nome, en Bamberg (1070-1133).
Chamáronse así
O militar e político alemán Otto von Bismarck (1815-1898), o Chanceler de Ferro, artífice da unificación alemá a partir de 1871 por medio da guerra e da diplomacia.
En Galicia lembramos a Odón Luís Abad Flores (1929-2016), nacido en Cuba, pero residente en Galicia desde 1932. Foi profesor, escritor e enxeñeiro agrónomo. Foi dos primeiros en producir textos para a aprendizaxe do galego, como un de tipo agrario —a súa especialidade— do ano 1970.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Udo | |
Otto | ||
Catalán | Odó | |
Otó | ||
Ot | ||
Español | Odón | |
Éuscaro | Oto | |
Oton | ||
Odon | ||
Francés | Othon | |
Inglés | Otto | |
Italiano | Ottone | |
Oddone | ||
Oddo | ||
Portugués | Otão | |
Oto |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]