Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Olegario, Olegaria
Nome cristián
Pronuncia
Olegario:
Hipocorísticos
Femininos Garucha
Etimoloxía e historia
Procede da forma latinizada Oligerus ou Olegarius, á que se lle atribúe orixe xermánica. Hai quen o pon en relación co nome persoal xermánico Aldegar, quizais composto polo gótico hulths, antigo alemán hold ‘favorable, propicio; amable, benévolo’, ou do gótico athal ‘nobreza’; a segunda raíz sería ger ou gari ‘lanza’.
Motivación
Santo Olegario (Barcelona, 1061-1137) foi prior dun convento de Sant Adrià de Besòs; despois pasou para o de San Rufo da Provenza e volvería á súa terra para ser bispo de Barcelona; o papa Xelasio nomearíao arcebispo de Tarragona. Tivo sona de grande orador.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Oleguer | |
Español | Olegario | Olegaria |
Éuscaro | Olegario | |
Francés | Ollégair | |
Olaguer | ||
Italiano | Ollegario | |
Portugués | Oldegário | |
Olegário |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]