Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Oliveiros
masculino
Nome literario
Variantes
Etimoloxía e historia
Do latín olivarius 'oliveira'.
Motivación
O nome tivo difusión na Idade Media grazas a Oliveiros (Olivier), un dos cabaleiros de Carlomagno, que personifica na Canción de Rolán a razón e a moderación, en contraposición coa fogosa valentía do seu amigo e compañeiro Rolán. É un nome simbólico, xa que a oliveira é o símbolo da paz.
En Galicia tivo vixencia este nome, como outros do ciclo artúrico, ata finais do século XV, polo menos entre membros da nobreza. Despois foi esmorecendo debido a disposicións eclesiásticas, como a do sínodo de Ourense de 1544, en que se lles recomendaba aos cregos oficiantes de bautismos que puxesen nomes de santos e santas —pois así os bautizados tiñan avogados no ceo— e que rexeitasen outros como Heitor ou Rolán “que habeis acostumbrado a le poner”.
Oliver Twist é o neno protagonista da novela As aventuras de Oliver Twist (1838) de Charles Dickens.
Chamáronse así
Oliver Cromwell, cabeza da revolución burguesa de Inglaterra no século XVII, que levou ao patíbulo ao rei Carlos I. Inspirou o drama Cromwell (1827), de Víctor Hugo.
Oliverio Girondo (1891-1967), poeta arxentino. Tamén o actor estadounidense do cinema mudo Oliver Hardy (1892-1957).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Oliver | |
Bretón | Olier | |
Catalán | Oliveri | |
Oliver | ||
Español | Oliverio | |
Francés | Olivier | |
Inglés | Oliver | |
Italiano | Oliviero | |
Portugués | Oliver | |
Olivério | ||
Oliveiros |
Antes e despois de Oliveiros
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]