Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Onofre
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
De orixe incerta, parece ser un dos poucos nomes do antigo Exipto que chegou á nosa antroponimia. Nas fontes latinas aparece como Onuphrius, probable adaptación do nome copto Uenofre, do exipcio antigo Wnn-nfrw (Onnophris na transcrición grega). Epíteto do deus Osiris resucitado, significaría 'o que é sempre feliz'.
Motivación
Santo Onofre foi un anacoreta da Tebaida (século IV), fillo dun rei de Persia ou de Abisinia. O relato haxiográfico asegura que durante máis de sesenta anos viviu nunha cova alimentándose dos dátiles dunha palmeira e da auga que lle traía un anxo; neste tempo nunca cortara as uñas, nin o cabelo nin a barba.
Chamáronse así
O actor estadounidense Humphrey Bogart (1899-1957).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Onofrei | |
Onuphrius | ||
Onofrius | ||
Catalán | Onofre | |
Español | Onofre | |
Éuscaro | Onufrio | |
Francés | Onuphre | |
Inglés | Humphrey | |
Onophrius | ||
Italiano | Onofrio | |
Portugués | Onofre | |
Romanés | Onufrie | |
Ruso | Onufrii |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Onofre
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]