Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Oriana
feminino
Nome literario
Etimoloxía e historia
Procede do nome do francés medieval Oriane (que pasou ao inglés como Oriana e Oriande), presente na novela de cabalerías Amadís de Gaula.
Motivación
Na novela de cabalerías do Amadís de Gaula, Oriana era filla do rei Lisvarte de Inglaterra e da súa esposa Briseda; desprezou o amor de Amadís por crer certas calumnias, pero, finalmente, casou en segredo con el. Oriana é o símbolo da beleza esquiva por quen o heroe sofre ao principio, pero acaba tendo premio.
Tamén se fala dunha santa Oriana en Francia (século VII), pero non figura no santoral.
Chamáronse así
A xornalista italiana Oriana Fallaci (1929-2006).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Oriana | |
Catalán | Oriana | |
Español | Oriana | |
Francés | Oriane | |
Inglés | Oriande | |
Oriana | ||
Italiano | Oriana | |
Portugués | Oriana |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]