Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Orlando, Orlanda
Nome literario
Pronuncia
Orlando:
Véxase Rolán
Etimoloxía e historia
É a forma italiana do francés Roland, por métatese da primeira sílaba.
Motivación
O nome de Orlando foi recollido pola inspiración poética do Renacemento italiano, primeiro na obra Orlando namorado (1486), de Matteo M. Boiardo, e despois na máis coñecida de Orlando furioso (1516) de Ludovico Ariosto, obra moi popular no seu tempo e fonte de inspiración para escritores como Tasso, Shakespeare, Quevedo, Voltaire e Byron, e de pintores como Tiépolo, entre outros. Xa no século XX, citamos a novela Orlando (1928) da escritora británica Virginia Woolf.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Orlando | |
Catalán | Orland | |
Español | Orlando | Orlanda |
Francés | Orland | |
Inglés | Orlando | |
Italiano | Orlando | |
Portugués | Orlando | Orlanda |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]