Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Carme
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Carme:
Véxase Carmela
Hipocorísticos
Femininos Carmiña, Carmucha, Mucha, Muchiña, Lucha, Carmuca, Menchu, Carmela, Mela
Etimoloxía e historia
A base deste nome é un topónimo: o dun monte situado entre a fronteira de Galilea e Samaria, onde en época antiquísima se estableceron algúns eremitas, dos cales os irmáns carmelitas son os continuadores. Este monte, Carmelus en latín e Kármelos en grego, chámase en hebreo Karmel, que corresponde ao nome común karmel 'xardín', pola abundancia de flores que medraban nas súas abas, e que fora a estrema entre Israel e Fenicia. Nada ten que ver, polo tanto, co latín carmen 'canto, poema'.
Motivación
A Virxe do Carme ou do Carmelo foi popularizada polos carmelitas, xa desde a Idade Media. No século XIII, o carmelitano Simón Stock revela que a Virxe se lle apareceu en Londres e que lle entregou un escapulario para librar do lume do inferno a quen morrese con el. Polo tanto, a devoción a esta advocación da Virxe —que, polo menos en Galicia, non entrou ata o século XVIII— só concernía á salvación das almas do purgatorio e do inferno e non ao padroeiro dos mariñeiros, que é moi recente: a xente do mar a quen se encomendaba era a san Telmo, e en Galicia tamén a santo Hadrián e a santa Mariña.
En España será decisivo o decreto da raíña rexente María Cristina de Habsburgo en 1901 polo que se declaraba a Virxe do Carme patroa da Mariña de Guerra, como xa o viña sendo da Mercante. Este decreto provocou unha masiva imposición do nome ao longo do século XX. Nos séculos anteriores, malia ser táboa de salvación para as ánimas, foi un nome practicamente inexistente ata ben entrado o século XIX.
A novela Carmen (1845) de Prosper Mérimée, que inspirou a ópera de G. Bizet do mesmo nome (1873), popularizou o nome en castelán en Europa.
Chamáronse así
María do Carme Kruckenberg Sanjurjo, escritora e tradutora galega (1926-2015). Carme Alvariño, historiadora (1953-2017). Carmen Arias “Minina”, artista e empresaria (1921-2013), muller de Isaac Díaz Pardo. Carmen Muñoz Manzano, escritora española, coñecida co pseudónimo de Beatriz Galindo (1906-2002). É a muller de Rafael Dieste, exiliada con el en América. Tras a súa morte, foi testamenteira da súa obra.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Carmen | |
Catalán | Carme | |
Español | Carmen | |
Éuscaro | Karmen | |
Karmele | ||
Francés | Carmen | |
Italiano | Carmen | |
Carmela | ||
Portugués | Cármen | |
Carmo |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Carme
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]