Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Carmela, Carmelo
Nome bíblico
Pronuncia
Carmela:
Carmelo:
Véxase Carme
Etimoloxía e historia
Do nome do monte Carmelo, mencionado no Vello Testamento, situado ao norte de Haiffa, onde se estableceron algúns dos primeiros mosteiros cristiáns. Procede do hebreo carmel ‘xardín, ‘viña de Deus’, e de aí o grego kármelos, latinizado como Carmelus. O feminino, Carmela, tamén se interpreta como hipocorístico de Carme.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Carmel | Carmela |
Español | Carmelo | Carmela |
Éuscaro | Karmelo | |
Karmel | ||
Francés | Carmel | |
Inglés | Carmel | Carmella |
Italiano | Carmela |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Carmela
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]