Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Casiano, Casiana
Nome cristián
Pronuncia
Casiano:
Etimoloxía e historia
Do latín Cassianus, en principio adxectivo derivado de Cassius, apelido dunha familia romana patricia (posteriormente plebea). Despois foi cognome e finalmente, na época imperial, nome persoal.
Motivación
San Casiano de Ímola (século IV), da Romaña italiana, mestre de escola que foi martirizado polos seus discípulos, que acabaron por lle cravar os seus estiletes.
San Casiano de Marsella (360-432), natural de Atenas, foi eremita en Exipto e chegou finalmente a Marsella, onde fundou un mosteiro para homes (o de san Vítor) e outro para mulleres.
Chamáronse así
Casiano de Prado (1797-1866), natural de Santiago de Compostela, xeólogo e enxeñeiro de minas que formou parte da primeira xeración revolucionaria liberal galega do século XIX, que emparentaría coa de 1846. En 1817 foi detido pola Inquisición de Santiago acusado de ler libros prohibidos, e pasou 400 días recluído nun dos seus cárceres secretos. Andando o tempo sería inspector xeral de Minas e académico da Real Academia de Ciencias Exactas de Madrid.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Kassian | |
Cassianus | ||
Catalán | Cassà | |
Cassià | ||
Español | Casiano | |
Éuscaro | Kasen | |
Francés | Cassien | |
Italiano | Cassiano | |
Portugués | Cassiano | |
Romanés | Casian | |
Ruso | Kassian |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Casiano
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]