Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Casto
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Casto:
Etimoloxía e historia
Do adxectivo latino castus 'puro, inocente', talvez vulgarizado polo calendario cristián.
Motivación
Houbo varios santos con este nome: un deles, mártir en Sinesse (Campania, Italia); outro, mártir en África no século III.
Chamáronse así
Na segunda metade do século XIX tivo moita popularidade o almirante vigués Casto Méndez Núñez (1824-1869), pola súa actuación na guerra naval de España contra Chile, Ecuador e Perú entre 1864 e1866. Varias cidades galegas erixiron estatuas na súa honra.
O pontevedrés Casto Sampedro Folgar (1848-1937) foi un recoñecido erudito, académico fundador da Real Academia Galega e autor do Cancioneiro musical de Galicia.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Casto | |
Francés | Chaste | |
Portugués | Casto |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Casto
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]