Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Casilda
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Casilda:
Etimoloxía e historia
Pode ter que ver co árabe qasida 'canción, poema'. Non obstante, a súa terminación fainos pensar nun posible composto do xermánico hilda 'loita'.
Motivación
Santa Casilda de Burgos (século IX) era filla do emir de Toledo. Converteuse ao cristianismo e alimentaba clandestinamente os cativos cristiáns. Cóntase dela un milagre que tamén se atribúe a outros santos e santas: que se converteran en rosas os anacos de pan que levaba agochados para os prisioneiros cando os gardas da prisión a detiveron.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Kasilde | |
Catalán | Casilda | |
Español | Casilda | |
Éuscaro | Kasildo | Kasilda |
Portugués | Cassilda |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Casilda
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]