Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Casimiro, Casimira
Nome cristián
Pronuncia
Casimiro:
Casimira:
Etimoloxía e historia
Nome de orixe eslava (posiblemente polaca), latinizado na forma Casimirus e así espallado no Occidente contra o final do século XVIII. A forma orixinaria era Kazimierz, composta por un primeiro termo relacionado co verbo kazac ‘mandar’, e un segundo elemento mierz, que podería ser o polaco antigo mierz ‘paz’ ou o eslavo occidental mier ‘ilustre, célebre', equivalente ao xermánico mir, presente en moitos topónimos galegos (Bertamil, Ramil, Baldomir etc.).
Motivación
Houbo dous santos polacos con este nome, os dous de familia real, motivo polo que se chegaron a confundir: san Casimiro (1458-1484), duque de Lituania, fillo do rei de Polonia Casimiro IV, chegou a ser aspirante ao trono de Hungría.
O outro san Casimiro (século XVII), príncipe da corte, casou coa viúva do seu irmán e foi coroado rei en 1648; abdicou en 1669 para entrar nun mosteiro de París.
Chamáronse así
O pintor ruso de orixe polaca Kazimir Malévitch (1879-1935), creador do suprematismo.
Casimiro Torres (Zamora 1900 - Santiago 1989), sacerdote e historiador das idades Antiga e Media galegas.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Kasimir | |
Catalán | Casimir | |
Español | Casimiro | |
Éuscaro | Kasimir | |
Kasimiro | ||
Francés | Casimir | |
Inglés | Casimir | |
Italiano | Casimiro | |
Portugués | Casimiro | |
Romanés | Cazimir | |
Ruso | Kazimir |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Casimiro
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]