Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Uxía, Uxío
Nome cristián
Pronuncia
Uxía:
Uxío:
Variantes
Hipocorísticos
Másculinos Xenucho, Nucho
Femininos Xenucha, Nucha
Etimoloxía e historia
A forma masculina deriva do grego Eugénios, de eû 'ben, bo' e génos 'nacemento, orixe': 'ben nacido, de boa caste', a través do latín Eugenius.
A forma feminina grega Eugenía (latín Eugenia) seguramente non é un feminino creado sobre o nome persoal masculino, senón unha formación máis antiga que parte do substantivo abstracto eughéneia, poeticamente eughenía 'nobreza de nacemento'.
Motivación
Santa Uxía de Alexandría (século III), filla dun senador romano, asistiu á escola desta cidade e converteuse ao cristianismo lendo as epístolas de san Paulo; disfrazada de home, entrou nun mosteiro de Alexandría e chegou a abade; a súa é unha lenda semellante á de santa Mariña de Antioquía. É unha das santas máis antigas do culto hispánico, titular en Galicia de sete parroquias.
Santo Uxío I foi o primeiro papa con este nome (654-657); houbo outros tres máis, o último, Uxío IV (1431-1447). Santo Uxío de Toledo (séculos VI-VII?) foi, segundo a tradición, o primeiro bispo desta cidade.
Chamáronse así
Eugène Delacroix (1798-1863), pintor francés; Eugenio Pacelli (papa Pío XII, de 1939 a 1958), italiano; os dramaturgos Eugene O’Neill (1888-1953), estadounidense, e Eugène Ionesco (1912-1994), francés de orixe romanesa (Eugen Ionescu, en romanés); e os poetas Eugenio Montale (1896-1981), italiano, e Eugénio de Andrade (1923-2005), portugués.
En Galicia contribuíron a popularizar a forma galega do nome o libreiro, impresor e escritor coruñés Uxío Carré Aldao (1859-1932), membro da Cova Céltica, da Liga Gallega da Coruña e cofundador da RAG; o seu fillo Uxío Carré Alvarellos (1885-1967), tamén coruñés, escritor en galego e académico da RAG. Xa nos nosos días, o poeta Uxío Novoneyra (Seoane do Courel 1930 - Santiago 1999), a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas de 2010, e o escritor eclesiástico e bispo Uxío Romero Pose (Baio 1949 - Madrid 2007), unha das autoridades mundiais no estudo dos Padres da Igrexa; tamén son coñecidos os seus artigos sobre Prisciliano e Exeria.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Eugen | Eugenie |
Catalán | Eugeni | Eugènia |
Español | Eugenio | Eugenia |
Éuscaro | Eugenio | Eugenia |
Eukeni | ||
Euken | Eukene | |
Francés | Eugène | Eugénie |
Húngaro | Jenő | |
Inglés | Eugénie | |
Eugene | Eugenia | |
Italiano | Eugenio | Eugenia |
Portugués | Eugénio | Eugénia |
Romanés | Eugen | Eugenia |
Ruso | Evgenii | Evgenia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]