Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Valente
masculino
Personaxe histórico
Pronuncia
Valente:
Etimoloxía e historia
Do verbo latino valeo ‘ser forte’ procede o participio valens, -entis 'forte, san', de valeo 'ser forte', 'estar ben de saúde, estar san', e deste, o nome persoal latino Valentius. O nome moderno vén do acusativo, valentem. Valente é un cultismo; a forma patrimonial consérvase nos topónimos Vente e Vilarvente.
Motivación
Flavio Xulio Valente foi emperador romano de Oriente de 364 a 378 grazas a que o seu irmán Valentiniano I, emperador de Occidente, o asociou ao poder e lle cedeu o goberno desa zona do imperio. Era de relixión ariana. Tivo guerras contra o imperio sasánida e contra os godos, que o derrotaron na batalla de Adrianópolis, onde atopou a morte (378).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Valens | |
Catalán | Valent | |
Español | Valente | |
Éuscaro | Valente | |
Francés | Valens | |
Inglés | Valens | |
Italiano | Valente | |
Portugués | Valente | |
Ruso | Valent |
Antes e despois de Valente
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]