Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Vanda
feminino
Etimoloxía e historia
Nome de orixe xermánica e introdución recente que parece estar formado a partir da raíz vand 'espírito, alento'. Hai quen opina que se trata dun nome inventado (quizais derivándoo do nome dos vándalos, antigo pobo da Alemaña oriental), polo frade polaco Wincenty Kadłubek (século XIII) para unha heroína da súa lendaria historia das orixes dos polacos, segundo a cal sería filla de Krek ou Krakus, o fundador de Cracovia.
Motivación
Vanda á a protagonista dunha ópera de Dvorák.
Chamáronse así
Wanda Ramos (1948-1998), natural de Angola de pais portugueses, poeta e narradora portuguesa. Wanda Landowska (1877-1959), pianista polaca.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Wanda | |
Español | Wanda | |
Inglés | Wanda | |
Polaco | Wanda | |
Portugués | Vanda |
Antes e despois de Vanda
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]