Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Valerio, Valeria
Pronuncia
Valeria:
Etimoloxía e historia
Do latín Valerius, nome dunha antiga gens romana de orixe etrusca. Forma probablemente emparentada co verbo valeo, valere 'ter forza, estar san', e de aquí 'que ten forza; san'.
Motivación
Valerio era o nome dunha familia romana que deu algúns personaxes de sona como Publio Valerio Voleso, que participou no derrocamento da monarquía. Outros foron: Publio Valerio Catón, gramático; Valerio Máximo, historiador do tempo de Tiberio, e Caio Valerio Flacco, poeta no tempo de Vespasiano.
San Valerio de Zaragoza foi bispo desta cidade; morreu en 315.
O monxe Valerio do Bierzo (c. 630-c. 695), tamén chamado san Valerio de Astorga por ser natural desta cidade, foi un escritor da Gallaecia asturicense que viviu como anacoreta nas montañas bercianas, principalmente no mosteiro de San Pedro de Montes, fundado por san Froitoso, o seu mestre. Escribiu a biografía deste santo e tamén se lle atribúe a súa propia biografía, ademais dun tratado sobre a vida monacal. Cómpre engadir que foi el quen nos transmitiu a principal fonte documental sobre a viaxe da peregrina galaica Exeria a Terra Santa.
Houbo dúas mártires e santas con este nome: santa Valeria de Limoges e santa Valeria de Milán.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Valerius | Valeria |
Catalán | Valeri | Valèria |
Español | Valerio | Valeria |
Éuscaro | Balere | |
Valerio | ||
Francés | Valéry | Valérie |
Inglés | Valerie | |
Valeria | ||
Italiano | Valerio | Valeria |
Portugués | Valério | Valéria |
Romanés | Valeriu | |
Ruso | Valerii | Valeriya |
Antes e despois de Valerio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]