Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Brigo
masculino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Formado dunha base brig, de orixe celta, que ao parecer significaba 'altura, outeiro, monte' e que, por extensión, debeu de acabar asumindo o significado de 'comunidade que vive nunha altura', é dicir, posiblemente 'castro'. É o mesmo elemento que está na base de tantos topónimos galegos acabados en -bre como Bañobre, Barallobre, Deixebre, Alcabre, Xiabre e Landrove, O Grove etc.
Motivación
Brigo, segundo a historia mítica galega, foi o primeiro poboador de Galicia, fillo de Túbal, neto de Xafet e bisneto de Noé. O rei Brigo sería o pai da raza brigantina e tería tres fillos: Artai, Hiar e Gall; este último casaría coa súa sobriña Celt, filla de Artai.
Antes e despois de Brigo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]