Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Brunilde
feminino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Do xermánico brunnia 'coiraza' e hild 'combate, batalla'. No seu uso moderno é un nome literario, procedente en última instancia da mitoloxía nórdica.
Motivación
Na mitoloxía xermánica é o nome dunha deusa guerreira que xoga un importante papel nos Nibelungos. Tamén aparece nas lendas islandesas, onde é a xefa das valquirias, un grupo de guerreiras sobrenaturais que levan as almas dos mortos ao Valhalla. É a protagonista da tetraloxía lírica O anel do Nibelungo (1876) de Richard Wagner.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Brunhild | |
Brunhilde | ||
Catalán | Brunilda | |
Español | Brunilda | |
Éuscaro | Brunilda | |
Inglés | Brynhild | |
Brunhild | ||
Italiano | Brunilde | |
Portugués | Brunilde |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]