Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Bríxida
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Bríxida:
Etimoloxía e historia
Adaptación do nome irlandés Brigit ou Brighid, relacionado etimoloxicamente co elemento celta brig, presente en numerosos topónimos galegos (no medieval Brigantia e nos moitos rematados en -bre, como Bañobre, O Xobre, Sillobre etc.). Nomeaba unha antiga deusa, tamén chamada Briganti, protectora do lume, das artes e das ciencias.
Motivación
O culto a santa Bríxida de Kildare (Irlanda), do século V, cristianizou o da antiga deusa céltica Brigantia, divindade da luz, do lume, da fertilidade, das artes e das ciencias. Foi bautizada por un discípulo de san Patricio e fundou o convento de Kildare, onde foi abadesa. O seu culto está moi espallado polos países celtas. Os irlandeses asimilárona á propia Virxe María.
Santa Bríxida de Suecia (1303-1373) foi unha muller nobre que tomou o nome da santa irlandesa. Casou con Ulf Gudmarson e xuntos peregrinaron a Compostela. Quedou viúva aos 40 anos con oito fillos e entrou nun convento do Císter.
Chamáronse así
Brígida Muñiz Suárez, labrega e política galega, nacida en Boiro. En 1936 foi elixida concelleira da corporación municipal por Izquierda Republicana. Tras o golpe de Estado militar sufriu todo tipo de vexacións e represalias.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Brigitte | |
Bretón | Berc'hed | |
Catalán | Brígida | |
Español | Brígida | |
Éuscaro | Brigita | |
Birkide | ||
Francés | Brigitte | |
Inglés | Bridget | |
Italiano | Brigida | |
Portugués | Brígida | |
Romanés | Brigita |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]