Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Brenda
feminino
Véxase Brandán
Etimoloxía e historia
Nome feminino anglosaxón, talvez da mesma raíz que Brandán, do cal parece a forma feminina e así o consideran hoxe en Irlanda. Como o nome parece proceder das Shetland, hai outra hipótese que considera que Brenda é forma feminina do nórdico Brand, nome común en Islandia.
Motivación
Este nome chegaría a nós desde Inglaterra, onde foi usual ata o século XII; despois viu renovada a súa vida grazas á popularidade da heroína da obra O pirata de Walter Scott.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Brenda | |
Español | Brenda | |
Inglés | Brenda | |
Irlandés | Brenda | |
Portugués | Brenda |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]