Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Braulio, Braulia
Nome cristián
Pronuncia
                            Braulio:
                            
                                
                                    
                                
                            
                        
                    
                    Etimoloxía e historia
Nome de orixe dubidosa, quizais prerromana, documentado nos textos galegos desde o século X.
Motivación
San Braulio de Zaragoza (séculos VI-VII) foi discípulo e amigo de santo Isidoro de Sevilla, que o fixo bispo de Zaragoza (631-651). É patrón desta cidade. As súas reliquias están baixo o altar maior da basílica do Pilar.
Chamáronse así
Braulio Iglesias Lorenzo (Ribadavia 1901 - Madrid 1972), cantante e escritor galego, membro da Coral de Ruada e director do semanario humorístico Ris-Ras.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino | 
|---|---|---|
| Catalán | Brauli | |
| Español | Braulio | |
| Éuscaro | Braulio | |
| Italiano | Braulione | |
| Portugués | Bráulio | 
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
        Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
	Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




