Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Breixo
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Breixo:
Variantes
Etimoloxía e historia
Do nome latino Verissimus, superlativo de uerus ‘certo’, que aplicado a persoa significaría ‘que conta sempre a verdade’; sería un caso máis de adxectivos superlativos convertidos en nomes propios (Máximo, Felicísimo etc.). De aí vén directamente a variante Bréixome; en Breixo hai un acurtamento da última sílaba. Aínda que se ten relacionado co latín Blasius (coma Brais e Bras), a iconografía e as avogacías de san Breixo e san Brais son distintas.
Motivación
San Breixo é, segundo a tradición, un mártir lisboeta dos séculos III-IV (S. Veríssimo); goza de moita popularidade en Portugal e en Galicia dedicáronselle varios mosteiros medievais, como san Breixo das Donas —nas terras da Ulla e Deza— e san Breixo de Arcos de Furcos. Ten moita sona no Salnés e no Morrazo san Breixo de Barro, por ser avogoso contra a reuma.
Deulle popularidade recente a este nome a novela Breixo (1981), de Alfredo Conde.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Veríssim | |
Español | Verísimo | |
Italiano | Verissimo | |
Portugués | Verísimo |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]