Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Bricio
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Dun nome persoal de orixe céltico latinizado como Bricius, Bri(c)tius ou Brixius.
Motivación
San Bricio (século V), sucesor de san Martiño na sé episcopal de Tours, foi o responsable do espallamento deste nome en Francia e Alemaña na Alta Idade Media; despois, os normandos levárono a Inglaterra e a Escocia.
Chamáronse así
Bricio Serantes Echegaray foi un sindicalista e agrarista galego, finado en Ourense en 1924.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Brici | |
Español | Bricio | |
Francés | Brisson | |
Brès | ||
Brice | ||
Inglés | Brice | |
Portugués | Brício |
Antes e despois de Bricio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]