Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Bruno, Bruna
Nome cristián
Pronuncia
Bruno:
Etimoloxía e historia
Nome de introdución recente, de orixe xermánica, formado pola raíz gótica brunjo ‘coiraza’. Como adxectivo tamén se utilizou como sobrenome na Idade Media, a partir do franco *brûn ‘moreno, de cor escura’.
Motivación
San Bruno (1030-1111) era natural de Colonia (Alemaña). Despois de ser profesor na catedral de Reims, retírase aos Alpes do Delfinado e funda en Grenoble o mosteiro da Grand Chartreuse, casa matriz da orde dos cartuxos, que se caracterizará polo seu rigoroso voto de silencio.
Chamáronse así
Bruno Ganz (1941-2019), actor suízo. Bruno Lomas foi o nome artístico do valenciano Emilio Baldoví (1940-1990), cantante de rock español.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Bruno | |
Catalán | Bru | |
Español | Bruno | Bruna |
Éuscaro | Bruno | Burne |
Francés | Bruno | |
Inglés | Bruno | |
Italiano | Bruno | |
Portugués | Bruno |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]