Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Antía
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Antía:
Etimoloxía e historia
Do grego Anthía 'florida' ou mellor 'extraída das flores', que deriva de ánthos 'flor'. Referíase ao primeiro favo de mel que fabrican as abellas, tamén chamado entena. Algúns afirman que este nome grego chegou xa a Roma como nome de escravas orientais e que despois foi nome de libertas e mesmo de mulleres libres.
Motivación
Santa Antía (século II) foi nai de santo Eutelo e mártir en Messina (Sicilia) nos tempos do emperador Hadriano.
No último terzo do século XX, considerando erroneamente que era a forma feminina galega de Antón, tomouse como nome distintivo galego e iso incrementou de maneira notable a súa difusión.
Chamáronse así
Antía Cal Vázquez (1923-2022), natural da Habana (Cuba), pedagoga galega .
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Ante | |
Antía | ||
Éuscaro | Ante | |
Antia | ||
Inglés | Anthea | |
Italiano | Anzia | |
Portugués | Anteia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]