
María Xosé Queizán. A escrita sen límites
Día da poesía
Martes 17 de marzo - 18:30 h
Este nome non se encontra na guía.
feminino
Nome toponímico
De orixe toponímica, é un diminutivo de anta 'dolmen' ou 'pedrafita', á súa vez do latín antae, -arum 'pilastra, esteo'. Anthḗla tamén é, en Grecia, un lugar próximo ás Termópilas onde se reunían os anfictións.
Nome tomado da toponimia galega: a lagoa de Antela —hoxe desecada—, na comarca da Limia. Foi a lagoa de auga doce máis grande de España e estaba rodeada por vinte vilas e aldeas. A tradición dicía que nela quedou asolagada a cidade de Antioquia, que as torres das súas igrexas se deixaban ver nas secas e que ás veces mesmo se oían tanxer as campás.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]