Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Caetano, Caetana
Personaxe histórico
Pronuncia
Caetano:
Caetana:
Variantes
Etimoloxía e historia
Do latín Caietanus, xentilicio que designa 'habitante de Caieta', hoxe Gaeta (Italia), que se volveu despois cognome latino, 'da familia de Caio'.
Motivación
Caetano de Gaeta (Italia), que viviu de 1468 a 1534, foi o nome que tomou o frade dominicano Tommaso de Vio, coñecido por Caetanus ou Gaetanus, polo seu lugar de procedencia. Profesor de Teoloxía, cardeal e legado papal en Alemaña, foi un dos que examinaron a Martiño Lutero en Augsburgo en 1518. Participou tamén na redacción da bula Exsurge Domine (1520) que condenaba a Lutero.
Lembramos a don Caetano, personaxe da novela Os camiños da vida (1928), de Otero Pedrayo. Cayetano Salgado é un dos protagonistas da novela Los gozos y las sombras (1957) de Torrente Ballester.
En Galicia o nome cobrou nova vida a partir de que a mediados da década de 1980 se situase a sede das consellerías da Xunta de Galicia no barrio compostelán de San Caetano.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Kajetan | |
Catalán | Gaietà | |
Español | Cayetano | Cayetana |
Éuscaro | Kaiet | |
Gaitan | Gaietana | |
Francés | Gaétan | Gaétane |
Inglés | Cajetanus | |
Italiano | Gaetano | |
Portugués | Caetano | Caetana |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]