Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Caio
masculino
Pronuncia
Caio:
Etimoloxía e historia
Do latín Caius, nome antiquísimo que tamén correu na forma Gaius. Foi un dos máis frecuentes en Roma. Utilizábase na fórmula do casamento Ubi tu Caius ego Caia 'onde ti sexas Caio eu serei Caia', e de tu Caius vén a nosa palabra tocaio 'persoa que leva o noso mesmo nome'.
Motivación
Nome moi común na antiga Roma que levaron militares e políticos de sona: Caio Mario (séculos II-I a. C.), cabeza do partido popular que sería derrotado por Sila, do partido dos patricios, tras unha cruenta guerra civil. Sobriño del foi Caio Xulio César, o máis famoso dos que levaron este nome. Tamén o levou o poeta lírico Caio Valerio Catulo.
San Caio (século III-IV) foi o único papa con este nome; era natural da Dalmacia e parente do emperador Diocleciano, pero non por iso se librou do martirio.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Kaius | |
Caius | ||
Catalán | Cai | Caia |
Español | Cayo | |
Éuscaro | Kaiene | |
Gaio | ||
Kaio | Kaia | |
Kai | Kaie | |
Inglés | Gaius | |
Caius | ||
Italiano | Caio | |
Portugués | Caio | |
Romanés | Caius | |
Ruso | Cai | Caia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Caio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]