Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Branca
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Branca:
Etimoloxía e historia
Nome cristián feminino equivalente a Alba e Neves. Vén do xermánico *blank 'branco, claro, brillante' que veu substituír practicamente o albus latino como adxectivo na lingua común.
Motivación
Branca de Castela (1188-1252) foi raíña consorte de Francia. Os reis de Inglaterra e de Francia chegaran a un acordo para que unha das tres infantas de Castela, fillas de Afonso VIII, casase co herdeiro do trono francés. Encargóuselle a Lionor de Aquitania, avoa das infantas, que fixese a escolla entre as netas. Lionor era xa unha anciá de 80 anos, pero iso non lle impediu desprazarse a cabalo desde Poitiers á corte castelá para cumprir a encomenda. Elixiu a Branca, que con 12 anos marchou para a corte francesa, onde casou co futuro Luís VIII (ano 1200). O matrimonio tivo varios fillos, entre eles o que chegaría a ser o rei Luís IX (san Luís). Cando morreu o seu marido foi raíña rexente de Francia.
Branca I de Navarra foi raíña deste reino de 1425 a 1441; con anterioridade fora raíña consorte de Sicilia (1401-1409).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Blanche | |
Blanka | ||
Bretón | Gwenn | |
Catalán | Blanca | |
Español | Blanca | |
Éuscaro | Zuriñe | |
Zuria | ||
Francés | Blanche | |
Inglés | Blanch(e) | |
Italiano | Bianca | |
Portugués | Branca | |
Romanés | Bianca |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]