Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Bonifacio, Bonifacia
Nome cristián
Pronuncia
Bonifacio:
Etimoloxía e historia
Do latín Bonifatius, de bonum fatum 'bo fado, bo destino'.
Motivación
San Bonifacio de Tarso (século III) foi martirizado nesta cidade no ano 300. San Bonifacio de Maguncia (672-754), arcebispo de Utrecht e Maguncia e apóstolo do pobo frisón e da Xermania, nacera en Gran Bretaña e o seu nome era Winfrith, que cambiou cando pasou ao continente polo latino de Bonifatius.
Chamáronse así
Houbo nove papas con este nome; só un, Bonifacio IV (século VII) foi canonizado.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Bonifaz | |
Bonifatius | ||
Catalán | Bonifaci | |
Español | Bonifacio | |
Éuscaro | Bonifazio | |
Francés | Boniface | |
Inglés | Boniface | |
Italiano | Bonifazio | |
Bonifacio | ||
Portugués | Bonifácio | |
Romanés | Bonifaciu | |
Ruso | Bonifatii |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]