Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Boaventura
epiceno
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Nome medieval de bo agoiro como Benvido e outros, do latín bona ventura (pl. neutro de bonum+venturum) 'a fortuna ha vir'.
Motivación
San Boaventura da Bagnoregio (1221-1274), natural desta vila da Toscana (Italia), é considerado o segundo fundador da orde franciscana, na cal entrou en 1238 e da que foi elixido superior en 1257. Foi profesor de Teoloxía na Sorbona de París e recibiría o capelo de cardeal.
Xunto con Ventura é un nome que se adoitaba poñer aos nenos de pais descoñecidos.
Chamáronse así
Tivo certa sona durante a II República e a principios da guerra civil española o leonés Buenaventura Durruti (1896-1936), dirixente sindicalista de ideoloxía anarquista.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino | 
|---|---|---|
| Alemán | Bonaventura | |
| Bona | ||
| Catalán | Bonaventura | |
| Español | Buenaventura | |
| Éuscaro | Doatasun | Doatasun | 
| Francés | Bonaventure | |
| Inglés | Bonaventure | |
| Italiano | Bonaventura | |
| Portugués | Boaventura | 
Antes e despois de Boaventura
        
        
        
    Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
        Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
	Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]
 
 




