Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Borxa
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do santo Francisco de Borja, que procede do topónimo Borja (en Zaragoza), e este do árabe burǧ 'torre', a partir do seu uso toponímico.
Motivación
San Francisco de Borja (Gandía 1510 - Roma 1572) era o herdeiro da casa ducal de Gandía. En 1529 foi nomeado mozo de cabalerías da raíña Isabel de Portugal, esposa do emperador Carlos V. Tras o seu pasamento en 1539, con tan só 36 anos, Francisco sofre unha grande impresión ao ver o seu corpo, o que o levou, despois de enviuvar, a entrar na orde dos xesuítas.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Borja | |
Español | Borja |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]