Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Roi
masculino
Personaxe histórico
Pronuncia
Roi:
Véxase Rodrigo
Variantes
Etimoloxía e historia
Forma curta do nome Rodrigo, usada na Idade Media cando ía acompañada do apelido.
Motivación
As formas apocopadas de Rodrigo, Roi e Rui, eran frecuentes na Galicia medieval. Leváronas trobadores do século XIII como Roi Eanes d’Alvares, Roi Queimado, Rui Fernandes e Rui Gomes o Freire.
Pasou á historia como defensor das liberdades do pobo fronte aos grandes señores feudais o fidalgo coruñés Roi Xordo (século XV), veciño de Ferrol, que en 1431 encabezou a primeira guerra irmandiña (a Irmandade Fusquenlla) dos vasalos da comarca das Mariñas contra o seu señor Nuno Freire de Andrade o Mao; os rebeldes irmandiños serían vencidos en 1437 polas tropas conxuntas dos Andrade e do arcebispo compostelán e os seus xefes serían executados, Roi Xordo entre eles.
Rui Vázquez, crego de Santa Baia de Chacín, na Terra de Xallas, é quen asina a copia en galego da Crónica de Santa María de Iria (1468) da catedral de Santiago, fonte que constitúe a información máis directa do acontecido na segunda guerra irmandiña (1467-1469).
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]